Noticias - Coruña Marítima
Novas
27/11/2025
Un total de 14 UTEs que engloban a 78 empresas internacionais e locais optan a elaborar o Máster Plan de Coruña Marítima
Xa se coñecen as firmas que optan a elaborar o Máster Plan de Coruña Marítima. A Mesa de Contratación procedeu á apertura, análise e identificación da documentación xeral presentada e, finalmente, un total de 14 UTEs, que engloban a 78 empresas do ámbito internacional e nacional, así como firmas con delegación na Coruña, presentaron a súa candidatura ao concurso público.
Unha vez finalizado o prazo para acceder á licitación, foi posible verificar que todas as propostas eran correctas menos unha, que resultou non admitida xa que non cumpría cos requisitos de presentación de ofertas establecidos nos pregos do procedemento.
Entre os profesionais que optan a elaborar o Máster Plan de Coruña Marítima figuran tanto empresas locais como de carácter nacional e internacional procedentes de países como Francia, Inglaterra, Países Baixos, Xapón, Dinamarca, Portugal, Italia ou Estados Unidos. As firmas locais, ou con delegación permanente na Coruña, son un total de 36, sumando as que forman parte das UTEs e as que participarán en condición de colaboradoras destas sociedades.
As bases da licitación establecían a necesidade de que as candidaturas que opten a redactar o Máster Plan conten con equipos multidisciplinares, nos que haxa profesionais con experiencia en urbanismo, paisaxismo, arquitectura, hidroloxía, portos, ferrocarrís e mobilidade, entre outros ámbitos, dado que se trata de reordenar un ámbito dun millón de metros cadrados nunha contorna complexa e diversa.
Prazos
As bases do concurso prevén dúas fases. Nunha primeira fase, seleccionaranse con criterios obxectivos un máximo de cinco candidaturas de entre as 14 ofertas que se recibiron. Prevese que no mes de xaneiro de 2026 estean seleccionadas as 5 empresas. Na selección teranse en conta a experiencia dos equipos en traballos previos, o currículo e os premios e recoñecementos obtidos na súa traxectoria profesional. Búscase primar a calidade e complexidade dos traballos previos, non a cantidade.
A partir de aí, nunha segunda fase, cada unha das cinco UTEs seleccionadas terá un prazo de 5 meses para presentar a súa proposta. Cada oferta será valorada con criterios que terán en conta a calidade técnica da proposta, a súa funcionalidade, os aspectos ambientais, os aspectos económicos e globalmente a mellor ordenación urbanística.
Desta forma, está previsto que o concurso estea resolto no verán de 2026, momento no que o gañador xa terá que facer pública unha primeira maqueta de todo o proxecto. A partir de aí, o equipo gañador dispoñerá dun ano para desenvolver o plan director do proxecto Coruña Marítima, que deberá presentar no verán-outono de 2027, así como todos os anexos e documentos complementarios que figuran nas bases.
Despois, unha vez que se empece a traballar sobre os desenvolvementos e as pezas concretas do ámbito portuario e ferroviario, iranse convocando concursos concretos para cada un dos espazos.
O importe da licitación é de algo máis de 3 millóns de euros, que serán financiados polas seis administracións que impulsan o proxecto: Concello da Coruña, Xunta de Galicia, Ministerio de Transportes y Movilidad Sostenible, Puertos del Estado, ADIF e a Autoridad Portuaria.
Acordos estratéxicos
O Máster Plan deberá cumprir cos catorce Acordos Estratéxicos aprobados pola Comisión Coruña Marítima, así como coas conclusións do proceso de participación cidadá. Os acordos recollen diversas medidas para reforzar a actividade portuaria, impulsar novas actividades económicas, mellorar a mobilidade na cidade e as conexións coa área metropolitana, construír equipamentos públicos, entre eles un edificio emblemático que caracterice a intervención, e potenciar as zonas verdes e a sostibilidade en toda a área.
O Máster Plan abarcará todo o ámbito do porto interior, desde o dique de abrigo ata a dársena de Oza, e a estación de mercadorías de San Diego. Deberá ser ambicioso, innovador, propositivo e flexible, cun proxecto que reflicta a esencia da Coruña. Tal como se recolle expresamente nas bases, a solución proposta debe ser “coruñesa”, que entenda a escala e o espírito da Coruña.
Relación de 14 UTEs candidatas (Relación das sociedades que forman xurídicamente cada UTE, sen incluír as empresas colaboradoras de cada proposta):
1-UTE formada por:
EDDEA ARQUITECTURA Y URBANISMO S.L.P.
CRUZ Y ORTIZ ARQUITECTOS S.L.P.
GHENOVA INGENIERIA S.L.U.
PROYFE S.L..
ARQUITECTURA AGRONOMIA S.L.P.
CONSULTORA ALOMON S.L
2-UTE formada por:
TÉCNICA Y PROYECTOS S.A. (TYPSA)
RSHP Architects SLP (Rogers Stirk Harbour + Partners)
3-UTE formada por:
JUNQUERA Arquitectos
WEST 8 urban design & landscape architecture b.v.
EPTISA Servicios de Ingeniería, S.L.
SENER MOBILITY, S.A.
NEUTELINGS RIEDIJK ARCHITECTEN BV
4-UTE formada por:
MIRALLES TAGLIABUE EMBT, S.L.P.
BAU-B Arquitectura i Urbanisme, S.L.P. (Busquets Arquitectura I Urbanisme)
GOC, S.A.
CREUSeCARRASCO arquitectos, S.L.P.
PROYECTOS, EJECUCIÓN Y CONTROL DE OBRAS, S.A.
5-UTE formada por:
IDOM CONSULTING ENGINEERING ARCHITECTURE, S.A.U.
ZAHA HADID LIMITED
6-UTE formada por:
GUSTAFSON PORTER + BOWMAN LLP
BOFILL ARQUITECTURA, S.L.
RON ARAD ARCHITECTS LIMITED
FHECOR INGENIEROS CONSULTORES, S.A.
BERENGUER INGENIEROS, S.L.
VECTIO TRAFFIC ENGINEERING, S.L.
GALAICONTROL, S.L.
7-UTE formada por:
TPF Getinsa Euroestudios, SL.
Gil BARTOLOME ADW, S.L.
Nikken Sekkei Ltd
TRN TÁRYET, S.A.
8-UTE formada por:
PROINTEC, S.A.U.
VIDAL ASOCIADOS ESTUDIO DE ARQUITECTURA, S.L.P.
9-UTE formada por:
BJARKE INGELS GROUP ARCHITECTURE SPAIN SLP (BIG)
WSP SPAIN–APIA, SAU
DÍAZ y DÍAZ ARQUITECTOS SLP
10-UTE formada por:
OVE ARUP & PARTNERS S.A.U.
BATLLE I ROIG ARQUITECTURA SLP
3XN COPENHAGEN A/S
11-UTE formada por:
B720 Arquitectura SLP
ALDAY JOVER ARQUITECTOS SLP
GEG, Lda
12-UTE formada por:
ABALO ARQUITECTURA E INGENIERÍA, S.L.
INTECSA ENGINEERING GROUP, S.A.U.
CONURMA INGENIEROS CONSULTORES S.L.
OCEAN INFRASTRUCTURES MANAGEMENT, S.L.U.
TEMA INGENIERÍA, S.L.
13-UTE formada por:
Carlo Ratti Associati S.r.l.
LRA INFRASTRUCTURES CONSULTING, S.L.
DYP Ingenieros Consultores y Arquitectos, S.L.
14-UTE formada por:
Stoss, landscape Urbanism
Studio Gang Architectes
Urbanitree, S.L.P.
18/11/2025
A alcaldesa da Coruña e o presidente da Autoridade Portuaria presentarán Coruña Marítima esta semana en Nova York
A alcaldesa da Coruña, Inés Rey e o presidente da Autoridade Portuaria, Martín Fernández Prado presentarán o vindeiro venres 21 de novembro en Nova York o proxecto Coruña Marítima como exemplo de colaboración institucional para o desenvolvemento da fachada marítima da cidade.
Coruña Marítima foi seleccionada para participar como caso de éxito na Conferencia Mundial da Asociación Internacional Cidades e Portos como exemplo de colaboración pública e de participación cidadá.
A conferencia, que se celebra en Nova York dende o 19 de novembro baixo o título «Navegando o cambio: innovando nos portos, nas cidades e no clima», abordará como as cidades portuarias están respondendo aos retos globais como o cambio climático, a transición enerxética, a gobernanza inclusiva ou a resiliencia urbana.
A alcaldesa e o presidente da autoridade portuaria explicarán conxuntamente o modelo de gobernanza de Coruña Marítima como exemplo de colaboración institucional, e darán a coñecer o proceso participativo que se desenvolveu na cidade de forma previa á licitación do Master Plan que definirá o futuro da cidade. Tamén abordarán en detalle as bases estratéxicas do proxecto que darán lugar ao redeseño da fachada marítima interior da cidade-
Nesta conferencia poñeranse en común as estratexias para crear cidades portuarias resilientes, compartiranse casos de éxito de mobilidade sostible e integración urbana-portuaria e analizaranse en detalle proxectos innovadores que se están a desenvolver en Nova York e en outras cidades de Canadá ou Países Baixos.
Entre os ponentes destacan Sarah Kapnick – Experta en clima e finanzas ou Andrew Kimball CEO da New York City Economic Development Corporation (NYCEDC) que explicarán as iniciativas de integración urbana, sustentabilidade e innovación portuaria que se están a desenvolver na cidade de Nova York.
Encontro con profesionais da Coruña
A alcaldesa e o presidente da autoridade portuaria aproveitarán a visita para manter un encontro de traballo con coruñeses e coruñesas que están a desenvolver a súa actividade profesional na cidade nortamericana. Deste xeito poderán compartir os retos de futuro da cidade con perfís como Susana Martínez-Conde —Profesora na Universidade Estatal de Nova York, especialista en oftalmoloxía e neuroloxía—, Juana Fernández —Enxeñeira en Microsoft e galega recoñecida entre as 100 mulleres máis influentes de Galicia—, Sandra Barral —Investigadora en xenética e Alzheimer na Universidade de Columbia—, Vera García Outeiral —Posdoutoral en Columbia, traballa en terapias para carcinoma hepatocelular—, Álex Maroño Porto —Xornalista, editor asociado en The Atlantic— ou Sergio Pardo López —Arquitecto no Departamento de Asuntos Culturais da Cidade de Nova York—.
06/11/2025
O concurso público para redactar o Máster Plan de Coruña Marítima recibe 15 propostas
A licitación pública para a redacción do Máster Plan de Coruña Marítima concluíu a súa fase de presentación de candidaturas, cun total de 15 propostas recibidas. O proceso busca seleccionar o equipo responsable de deseñar o futuro do porto interior e a súa integración coa cidade.
Nos próximos días reunirase a Mesa de Contratación, que procederá á apertura da documentación xeral presentada e á identificación das empresas e unións temporais de empresas (UTEs) participantes.
Selección de finalistas
A partir dese momento, abrirase un prazo de dous meses durante o que se procederá a seleccionar os cinco finalistas, segundo os criterios que figuran no prego. As bases da licitación manteñen a necesidade de que os equipos sexan multidisciplinares, con experiencia acreditada en áreas como urbanismo, paisaxismo, arquitectura, hidroloxía, portos, ferrocarrís e mobilidade, entre outras, dada a complexidade do ámbito de actuación, ao redor dun millón de metros cadrados.
A selección valorará especialmente a calidade e complexidade dos traballos previos, así como a traxectoria profesional, experiencia e recoñecementos obtidos polos equipos. Priorizarase a excelencia técnica fronte ao volume de proxectos realizados.
Avaliación final e adxudicación
Unha vez seleccionados os cinco equipos finalistas, abrirase un período de cinco meses para que estes preparen as súas propostas. Cada unha das cinco ofertas será valorada con criterios que terán en conta a calidade técnica da proposta, a súa funcionalidade, os aspectos ambientais e os aspectos económicos. Desta avaliación sairá a adxudicataria do Máster Plan e nese momento xa se coñecerá a maqueta de todo o proxecto.
O equipo gañador terá entón un ano para desenvolver o plan director do proxecto Coruña Marítima, así como todos os anexos e documentos complementarios que figuran nas bases. O importe da licitación é de 3 millóns de euros, que serán financiados polas seis administracións que impulsan o proxecto: Concello da Coruña, Autoridade Portuaria, Xunta de Galicia, Ministerio de Transportes y Movilidad Sostenible, Puertos del Estado e ADIF.
Un proxecto estratéxico para a cidade
O Máster Plan deberá cumprir cos catorce Acordos Estratéxicos aprobados pola Comisión Coruña Marítima. Entre os seus obxectivos destacan:
-Reforzar a actividade portuaria
-Impulsar novas actividades económicas
-Mellorar a mobilidade urbana e metropolitana
-Crear novos equipamentos públicos, incluído un edificio emblemático que caracterice a intervención
-Potenciar as zonas verdes e a sustentabilidade
O ámbito de actuación abarca desde o dique de abrigo ata a dársena de Oza, incluíndo a estación de mercadorías de San Diego. O proxecto deberá ser ambicioso, innovador, propositivo e flexible, cun proxecto que reflicta a esencia da Coruña. Tal como recóllese expresamente nas bases, a solución proposta debe ser “coruñesa”, que entenda a escala e o espírito da Coruña, así como o carácter singular da cidade.
07/10/2025
O Máster Plan de Coruña Marítima, licitado cos cambios que facilitan o acceso ó concurso
O Máster Plan de Coruña Marítima saíu hoxe de novo a concurso público cos cambios que se aprobaron no último Consello de Administración da Autoridade Portuaria, orientados a facilitar o acceso de profesionais á licitación. O acordo foi enviado este luns ao Diario Oficial da Unión Europea e hoxe xa está dispoñible na Plataforma de Contratación do Estado. O prazo para presentar candidaturas ábrese ata o 5 de novembro.
Poderán presentarse todos os profesionais e empresas que estean interesados, que deberán cumprir os requisitos de solvencia que esixe o procedemento, como ocorre en calquera concurso público, e contar cos equipos necesarios para desenvolver o proxecto.
As bases da licitación manteñen a necesidade de que as candidaturas que opten a redactar o Máster Plan conten con equipos multidisciplinares, nos que haxa profesionais con experiencia en urbanismo, paisaxismo, arquitectura, hidroloxía, portos, ferrocarrís e mobilidade, entre outros ámbitos, dado que se trata de reordenar un ámbito superior a un millón de metros cadrados nunha contorna complexa e diversa. Ademais do Máster Plan en si, o adxudicatario deberá redactar numerosos documentos complementarios.
A nova licitación responde á resolución do Tribunal Administrativo Central de Recursos Contractuais, por mor dos recursos que presentaran varios arquitectos. Así, valoraranse proxectos previos de urbanismo en cidades de máis de 10.000 habitantes, fronte a poboacións de máis de 150.000 habitantes que se pedían no prego anterior. E, en canto a proxectos anteriores en edificios dotacionais, puntuaranse as referencias previas en edificios con orzamentos superiores a 5 millóns, en lugar de 100 millóns de euros.
En calquera caso, só será necesario que un dos membros do equipo teña esta experiencia previa.
Ademais, co obxecto de lle dar coherencia a todo o prego, axústanse na mesma liña outros requisitos de solvencia, non só no campo da arquitectura, senón tamén no da enxeñería, de forma que se admitirán traballos previos máis sinxelos. A licitación que se realizou o pasado 28 de maio xa obtivera unha ampla concorrencia, cunha importante participación de UTE (once en total), que engloban a un total de 36 empresas do ámbito internacional e local, así como de firmas nacionais con delegación na Coruña.
Prazos
O prazo estimado para seleccionar o adxudicatario estímase nun máximo de 12 meses, polo que está previsto que o concurso estea resolto a principios do outono de 2026, momento no que o gañador xa terá que publicar unha maqueta de todo o proxecto. A partir de aí, deberá presentar no verán-outono de 2027 o Máster Plan e todos os anexos e documentos complementarios.
Despois, unha vez que se empece a traballar sobre os desenvolvementos e as pezas concretas do ámbito portuario e ferroviario, iranse convocando concursos concretos para cada un dos espazos.
As bases do concurso, cun importe total de 3.015.000 euros, determinan dúas fases. Nunha primeira fase, seleccionaranse un máximo de cinco candidaturas entre as ofertas que se reciban. Na selección teranse en conta a experiencia dos equipos en traballos previos, o currículo e os premios obtidos na súa traxectoria profesional. Búscase tamén primar a calidade e complexidade dos traballos previos, non a cantidade.
Cada unha das cinco ofertas será valorada con criterios que terán en conta a calidade técnica da proposta, a súa funcionalidade, os aspectos ambientais e os aspectos económicos. Nesta avaliación, da que sairá a adxudicataria do Máster Plan, o órgano de contratación apoiarase nun comité de expertos.
Acordos estratéxicos
O Máster Plan deberá cumprir cos catorce acordos estratéxicos aprobados pola Comisión Coruña Marítima, así como coas conclusións do proceso de participación cidadá. Os acordos recollen diversas medidas para reforzar a actividade portuaria, impulsar novas actividades económicas, mellorar a mobilidade na cidade e as conexións coa área metropolitana, construír equipamentos públicos (entre eles un edificio emblemático que caracterice a intervención), e potenciar as zonas verdes e a sustentabilidade en toda a área.
O Máster Plan abarcará todo o ámbito do porto interior, desde o dique de abrigo ata a dársena de Oza e a estación de mercadorías de San Diego. Deberá ser ambicioso, innovador, propositivo e flexible, cun proxecto que reflicta a esencia da Coruña. Tal como se recolle expresamente nas bases, a solución proposta debe ser “coruñesa”, que entenda a escala e o espírito da Coruña.