Faro Illas Sisargas
Historia
O Faro actual é de 1915 e foi construído grazas aos esforzos dos habitantes de Malpica, quen subían a pulso as pedras pelexando contra o vento que azouta as illas; atópase na cima da Illa Grande, á beira do Faro antigo. Desde entón sufriu múltiples transformacións. Actualmente está automatizado, pero até hai pouco vivían alí os fareiros en quendas de 10 ou 15 días, a non ser que os temporais atrasasen a súa volta a terra firme, o cal ocorríalles con demasiada frecuencia.
| ESPECIFICACIÓNS FARO DAS ILLAS SISARGAS | |
|---|---|
| Nº nacional de faro/baliza | 03730 |
| Nº internacional de faro/baliza | D-1728 |
| Ubicación | Latitude 043 21,600 N Lonxitude 008 50,700 W |
| Descripción | Torre octogonal de cantería e casa branca. |
| Altura do plano focal en metros | 11 |
| Altura do soporte en metros | 110 |
| Cor | Branco |
| Características | GpD(3) 15s.L0,2 Oc2,8 L0,2 Oc2,8 L0,2 Oc8,8 |
| Alcance en millas | 23 |